25/06/25

Solicitude á Xunta de Galicia para que inste ao Concello a recuperar o grao de protección integral para a Alameda


DOCUMENTO 3. ALAMEDA.RECUPERACIÓN DO GRAO DE PROTECCIÓN INTEGRAL

Os antecedentes e exposición xeral son os mesmos que no Documento 1.

4. Cambio inxustificado do grao de catalogación do xardín no novo PXOM.

A protección do xardín da Alameda de Vigo sufriu unha rebaixa no PXOM 2025, pasando de "integral/estrutural" a "ambiental", sen que conste unha xustificación técnica ou patrimonial para este cambio. Isto supón unha perda de garantías para a súa conservación como xardín histórico e incrementa a vulnerabilidade ante usos incompatibles cos seus valores culturais e naturais.


Antecedentes sobre a Protección do Xardín da Alameda de Vigo no PXOM e a súa Catalogación (2025)


1. Evolución Histórica da Catalogación

  • PEEC 1986 e PXOM 1993:
    A Alameda de Vigo foi inicialmente catalogada como xardín histórico no Plan Especial de Edificios e Conxuntos a Conservar (PEEC), incluído no PXOM de 1993, co grao de protección estrutural.

  • PXOM (anulado):
    No catálogo do PXOM anterior ao de 2025, a Alameda figuraba como ben catalogado co grao de protección integral (clave S_008, plano 6-L), recoñecendo expresamente o seu valor histórico, artístico, botánico e cultural, así como a presenza de árbores senlleiras e o seu papel como contexto de edificios catalogados.

2. PXOM 2025: Cambio de Grao de Protección

  • Novo PXOM (2025):
    Segundo as fichas oficiais do Catálogo de Bens Culturais, Naturais e Paisaxísticos do PXOM 2025, a Alameda de Vigo (Xardíns da Alameda Praza de Compostela, código N.21) pasa a estar catalogada como espazo de interese paisaxístico cun nivel de protección: ambiental (ver plano 4-G)

  • Clasificación actual:

    • Estado de conservación: Regular
    • Clasificación: Ben catalogado
    • Nivel de protección: Ambiental
    • Cualificación urbanística: SUC

Usos e actuacións: Artigos 34, 35, 36 e 37 da Lei 2/2016 (LSG)

 

3. Implicacións posibles do cambio de protección

  • Rebaixa respecto ao pasado:
    Esta modificación supón unha rebaixa clara e non xustificada respecto á protección anterior (integral/estrutural), que garantizaba unha maior tutela autonómica sobre o ben.

  • Protección ambiental:
    O novo nivel "ambiental" implica que a protección céntrase nos valores paisaxísticos e ambientais, pero pode permitir unha maior flexibilidade nos usos e intervencións.

  • Consecuencias prácticas:

    • Menor control autonómico e maior capacidade do Concello para autorizar eventos ou instalacións temporais.

    • Incremento do risco de usos incompatibles cos valores históricos, culturais e botánicos que motivaron a catalogación orixinal e que, paradoxicamente, se recollen no apartado descritivo da ficha do PXOMvixente.

    • Dificultade para esixir medidas cautelares ou preventivas ante actividades que poidan danar o xardín e o seu arborado senlleiro.

SOLICITUDE

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro sobre a grave situación do arborado da Alameda de Vigo e das malas prácticas de usos e mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 (num 2024/3579978) e corroboradas no informe do Areeiro, considerando que o grao de protección deste elemento catalogado foi inxustificadamente modificado, poñendo en perigo a conservación futura deste espazo, solicitamos ao órgano competente da Xunta de Galicia:

1. Que no exercizo das súas competencias en materia de protección do Patrimonio Cultural, a Xunta de Galicia inste ao Concello de Vigo a unha modificación do Catálogo de Bens Culturais, Naturais e Paisaxísticos do PXOM 2025 vixente, coa revisión desta ficha e a recuperación do grao de protección que require a súa importancia recoñecida: o integral.

Agardamos unha resposta formal e inmediata da Xunta de Galicia, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

1 Incluído no Catálogo de elementos do Patrimonio do vixente PXOM de Vigo (protexido xa dende o chamado Plan Especial de Elementos e Conxuntos a Conservar (PEEC) do ano 1986 e nos sucesivos plans urbanísticos)--

Ir ao documento 1

Ir ao documento 2

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Interésanos moito a túa opinión