25/06/25

Solicitude á Xunta de Galicia dun Plan de restauración integral da Alameda de Vigo

DOCUMENTO 2. ALAMEDA. SOLICITUDE DUN PLAN INTEGRAL DE RESTAURACIÓN

Escrito remitido á Xunta de Galicia

[Os Antecedentes e exposición xeral son os mesmos que no Documento 1]

SOLICITUDE

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro sobre a grave situación do arborado da Alameda de Vigo e das malas prácticas de usos e mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 (num 2024/3579978) e corroboradas no informe do Areeiro, solicitamos ao órgano competente da Xunta de Galicia:

  1. A colaboración co Concello de Vigo na elaboración dun plan integral de restauración e conservación da Alameda, que inclúa:

  • Solicitude á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, como institución pública de referencia nesta materia, dun estudo xa exhaustivo sobre o estado do Xardín e propostas de saneamento e conservación.
  • Actuacións urxentes de mellora do solo, descompactación e aporte de materia orgánica.
  • Recomposición do deseño propio do xardín, segundo criterios recollidos na Carta de Florencia, recompoñendo a imaxe deturpada pola actuación masiva de hai unha década de transformación nunha sorte de xardín tropical, enchendo parterres de fentos arborescentes e palmitos, alleos a calquera momento da evolución deste xardín e ao seu estilo e época (atendendo á última reforma histórica, a realizada nos anos 40 pola familia xardineira Turc).
  • Reposición de árbores caídas ou talladas con exemplares da mesma especie.
  • Podas exclusivamente de saneamento e conservación, executadas por persoal cualificado.
  • Monitorización fitosanitaria periódica, con informes técnicos independentes.
  • Eliminación de todos os elementos alleos ás árbores, como cables, bandeiras e parafusos.

Agardamos unha resposta formal e inmediata da Xunta de Galicia, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Interésanos moito a túa opinión