25/06/25

Escrito ao Concello de Vigo de remisión do Informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre a situación da Alameda

ANTECEDENTES

1. Con data de Rexistro 23/12/2024 esta Asociación presentou no rexistro da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, escrito (num 2024/3579978) no que se recollía o impacto do chamado Cíes Market sobre o xardín histórico da Alameda/Praza de Compostela de Vigo e se solicitaba o cumprimento das obrigas legais da Xunta de Galicia verbo da protección deste ben histórico e o exercizo da potestade de autorización para este tipo de uso intensivo dun espazo catalogado. Un uso que consideramos radicalmente incompatible cos valores que dan lugar á súa catalogación. Nese escrito citábanse os impactos críticos que ao noso xuízo se estaban a producir. Achegámolo como documento num 1, anexo a este.

2. Constatado a grave deterioro do Xardín da Praza de Compostela/Alameda1, e ante a inacción das administracións competentes fronte a este feito, esta Asociación solicitou á Estación Fitopatolóxica do Areeiro --organismo técnico de referencia, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra--, a realización dun estudo dalgunhas árbores na Alameda/Pza de Compostela, e nomeadamente sobre o impacto do chamado Cíes Market sobre este espazo. Petición que foi atendida e, en consecuencia, nos foi remitido o informe técnico de data 06/05/2025, que motiva este escrito e que se achega como Documento 2 anexo a este.

EXPOSICIÓN

Á vista destes antecedentes, desde a Asociación Amigas das Árbores de Vigo, dirixímonos a vostedes para trasladar o resultado do informe técnico emitido pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de Pontevedra), en resposta á nosa solicitude de avaliación do estado fitosanitario do arborado da Alameda de Vigo. Este informe, centrado só no estado dalgunhas árbores significativas que representan unha mostra significativa do estado xeral deste Ben, pon de manifesto un grave deterioro do arborado deste xardín histórico, derivado non só do impacto directo do Cíes Market implantado varios anos polo Concello e xestionado en concesión de uso do espazo público pola Agrupación de Empresarios en la Organización de Eventos, Ferias y Mercados de la Comunidad de Madrid (AMFE), senón tamén pola actuación deficiente a cargo da contrata para o mantemento deste espazo e a inacción por parte desa administración local.

1. Conclusións do Informe Técnico do Areeiro (Ref. Exp. 2025029075)

O informe conclúe, en síntese, que o arborado da Alameda presenta un estado preocupante de deterioro, chegando a ser crítico no caso de dous grandes exemplares, debido a:

  • Compactación extrema do solo, como consecuencia, entre outras, da montaxe, instalacións e desenvolvemento de varias edicións do Cíes Market, que impiden a absorción adecuada de auga e nutrientes.
  • Danos mecánicos nas raíces e nos troncos, provocados polo paso de vehículos pesados e a instalación de casetas e estruturas propias do Cíes Market e outras.
  • Problemas fitosanitarios graves, como a presenza de fungos patóxenos e outros axentes daniños.
  • Alteración irreversible na arquitectura das copas, resultado de podas agresivas e deficientemente executadas.
  • Perda de vitalidade xeral do arborado, con numerosas ponlas secas e debilitamento estrutural.

2. Malas prácticas de mantemento: incumprimento do contrato de Acciona.

O estado do arborado non é só consecuencia do impacto do Cíes Market, senón tamén do incumprimento reiterado do prego de condicións do contrato de mantemento de zonas verdes, adxudicado á empresa Acciona, e da falta de supervisión e control por parte do Concello de Vigo. Estas malas prácticas, o impacto de actividades incompatibles coa saúde e conservación do arborado histórico, ten provocado un gravísimo deterioro especialmente nalgunhas das grandes árbores do xardín, ata o punto de que o informe da E.F. do Areeiro se indica a convenencia do seu apeo.

Entre as malas prácticas observadas destacan:

  • Podas severas e mutiladoras, que contraveñen os principios do Estándar Europeo de Poda e as obrigas do prego de condicións.
  • Uso de vehíxulos e maquinaria pesada no contorno do arborado.
  • Falta de control fitosanitario preventivo, sen monitorización técnica do estado dos exemplares.
  • Ausencia de medidas de conservación axeitadas, como a mellora do solo, descompactación e protección das raíces.
  • Non reposición dos exemplares caídos con árbores de igual especie e porte, desvirtuando a identidade do xardín.
  • Inacción do Concello, que permite que a contrata actúe sen control efectivo, converténdose así en actor e indutor necesario destas prácticas.

3. Un uso incompatible cos valores da Catalogación: O Cíes Market

A Alameda de Vigo é un xardín catalogado no PXOM e protexido pola normativa galega de patrimonio cultural. Porén, o seu uso como espazo para a celebración do “Cíes Market” e outras feiras é absolutamente incompatible coa conservación dos valores que motivaron a súa protección:

  • A instalación de casetas, carpas, máquinas expendedoras e outros elementos de feira provoca compactación do solo e danos nas raíces, acelerando o deterioro do arborado.
  • O paso de vehículos pesados e maquinaria durante meses xera vibracións e danos físicos nos exemplares.
  • A exposición a luces, megafonía e afluencia masiva de persoas perturba o ecosistema e a saúde das árbores.
  • A ocupación masiva durante 4 meses, impide o normal uso e disfrute deste espazo pola cidadanía e altera a súa función social e ambiental, deturpando gravemente os valores e usos propios para os que foi creado.

SOLICITA

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro e das malas prácticas de mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 e corroboradas no informe do Areeiro, esiximos ao Concello de Vigo:

  1. A paralización definitiva da celebración do “Cíes Market” na Praza de Compostela/Alameda, así como doutras feiras ou eventos que impliquen compactación e impacto sobre o solo, o arborado e avifauna e a deturpación do uso propio deste espazo, buscando, se é o caso, ubicacións alternativas en espazos non vulnerables e con capacidade de acollida suficiente.

  2. A execución inmediata das medidas preventivas e correctivas incluidas no informe da E.F do Areeiro citado.

  3. A elaboración dun plan integral de restauración e conservación da Alameda, que inclúa:

  • Solicitude á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, como institución pública de referencia nesta materia, dun estudo xa exhaustivo sobre o estado do Xardín e propostas de saneamento e conservación.
  • Actuacións urxentes de mellora do solo, descompactación e aporte de materia orgánica.
  • Recomposición do deseño propio do xardín, segundo criterios recollidos na Carta de Florencia, recompoñendo a imaxe deturpada pola actuación masiva de hai unha década de transformación nunha sorte de xardín tropical, enchendo parterres de fentos arborescentes e palmitos, alleos a calquera momento da evolución deste xardín e ao seu estilo e época (atendendo á última reforma histórica, a realizada nos anos 40 pola familia xardineira Turc).
  • Reposición de árbores caídas ou talladas con exemplares da mesma especie.
  • Podas exclusivamente de saneamento e conservación, executadas por persoal cualificado.
  • Monitorización fitosanitaria periódica, con informes técnicos independentes.
  • Eliminación de todos os elementos alleos ás árbores, como cables, altofalantes, bandeiras, parafusos...

4. Denunciamos que sen xustificación ningunha, o PXOM recentemente aprobado ten rebaixado o grao de protección do xardín da Alameda, dende o “estrutural” e “integral” co que se contemplaba nos planeamentos especial e xeral anteriores, ao “ambiental” neste. Isto faise a pesar de que a propia ficha do catálogo recoñece o alto valor histórico, paisaxístico, cultural e botánico deste elemento. En consecuencia solicitamos a revisión inmediata desta ficha do catálogo e a recuperación do grao de protección que require a súa importancia recoñecida expresamente: o integral.

Chamada á responsabilidade institucional

A Alameda de Vigo non é só un espazo verde, é un patrimonio vivo da cidade, un símbolo histórico e natural que require protección e respecto. O informe do Areeiro e as evidencias recollidas demostran que o seu estado actual é consecuencia directa dunha sostida no tempo xestión deficiente e agresiva do Concello de Vigo, do seu uso impropio como lugar de feira e inaxeitado mantemento, conservación e restauración. É consecuencia tamén do incumprimento por parte da Administración autonómica do exercicio das súas competencias superiores de supervisión, autorización e inspección.

Agardamos unha resposta formal e inmediata do Concello de Vigo, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

Escritos en termos semellantes, acompañado de copia orixinal do informe citado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Ref. Exp. 2025029075), remítese tamén, con esta mesma data, á Xunta de Galicia.

Informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre os impactos no Arborado do Xardín histórico da Praza de Compostela/Alameda de Vigo. 

1. Incluído no Catálogo de elementos do Patrimonio do vixente PXOM de Vigo (protexido xa dende o chamado Plan Especial de Elementos e Conxuntos a Conservar (PEEC) do ano 1986 e nos sucesivos plans urbanísticos)--

Solicitude á Xunta de Galicia para que inste ao Concello a recuperar o grao de protección integral para a Alameda


DOCUMENTO 3. ALAMEDA.RECUPERACIÓN DO GRAO DE PROTECCIÓN INTEGRAL

Os antecedentes e exposición xeral son os mesmos que no Documento 1.

4. Cambio inxustificado do grao de catalogación do xardín no novo PXOM.

A protección do xardín da Alameda de Vigo sufriu unha rebaixa no PXOM 2025, pasando de "integral/estrutural" a "ambiental", sen que conste unha xustificación técnica ou patrimonial para este cambio. Isto supón unha perda de garantías para a súa conservación como xardín histórico e incrementa a vulnerabilidade ante usos incompatibles cos seus valores culturais e naturais.


Antecedentes sobre a Protección do Xardín da Alameda de Vigo no PXOM e a súa Catalogación (2025)


1. Evolución Histórica da Catalogación

  • PEEC 1986 e PXOM 1993:
    A Alameda de Vigo foi inicialmente catalogada como xardín histórico no Plan Especial de Edificios e Conxuntos a Conservar (PEEC), incluído no PXOM de 1993, co grao de protección estrutural.

  • PXOM (anulado):
    No catálogo do PXOM anterior ao de 2025, a Alameda figuraba como ben catalogado co grao de protección integral (clave S_008, plano 6-L), recoñecendo expresamente o seu valor histórico, artístico, botánico e cultural, así como a presenza de árbores senlleiras e o seu papel como contexto de edificios catalogados.

2. PXOM 2025: Cambio de Grao de Protección

  • Novo PXOM (2025):
    Segundo as fichas oficiais do Catálogo de Bens Culturais, Naturais e Paisaxísticos do PXOM 2025, a Alameda de Vigo (Xardíns da Alameda Praza de Compostela, código N.21) pasa a estar catalogada como espazo de interese paisaxístico cun nivel de protección: ambiental (ver plano 4-G)

  • Clasificación actual:

    • Estado de conservación: Regular
    • Clasificación: Ben catalogado
    • Nivel de protección: Ambiental
    • Cualificación urbanística: SUC

Usos e actuacións: Artigos 34, 35, 36 e 37 da Lei 2/2016 (LSG)

 

3. Implicacións posibles do cambio de protección

  • Rebaixa respecto ao pasado:
    Esta modificación supón unha rebaixa clara e non xustificada respecto á protección anterior (integral/estrutural), que garantizaba unha maior tutela autonómica sobre o ben.

  • Protección ambiental:
    O novo nivel "ambiental" implica que a protección céntrase nos valores paisaxísticos e ambientais, pero pode permitir unha maior flexibilidade nos usos e intervencións.

  • Consecuencias prácticas:

    • Menor control autonómico e maior capacidade do Concello para autorizar eventos ou instalacións temporais.

    • Incremento do risco de usos incompatibles cos valores históricos, culturais e botánicos que motivaron a catalogación orixinal e que, paradoxicamente, se recollen no apartado descritivo da ficha do PXOMvixente.

    • Dificultade para esixir medidas cautelares ou preventivas ante actividades que poidan danar o xardín e o seu arborado senlleiro.

SOLICITUDE

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro sobre a grave situación do arborado da Alameda de Vigo e das malas prácticas de usos e mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 (num 2024/3579978) e corroboradas no informe do Areeiro, considerando que o grao de protección deste elemento catalogado foi inxustificadamente modificado, poñendo en perigo a conservación futura deste espazo, solicitamos ao órgano competente da Xunta de Galicia:

1. Que no exercizo das súas competencias en materia de protección do Patrimonio Cultural, a Xunta de Galicia inste ao Concello de Vigo a unha modificación do Catálogo de Bens Culturais, Naturais e Paisaxísticos do PXOM 2025 vixente, coa revisión desta ficha e a recuperación do grao de protección que require a súa importancia recoñecida: o integral.

Agardamos unha resposta formal e inmediata da Xunta de Galicia, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

1 Incluído no Catálogo de elementos do Patrimonio do vixente PXOM de Vigo (protexido xa dende o chamado Plan Especial de Elementos e Conxuntos a Conservar (PEEC) do ano 1986 e nos sucesivos plans urbanísticos)--

Ir ao documento 1

Ir ao documento 2

Solicitude á Xunta de Galicia dun Plan de restauración integral da Alameda de Vigo

DOCUMENTO 2. ALAMEDA. SOLICITUDE DUN PLAN INTEGRAL DE RESTAURACIÓN

Escrito remitido á Xunta de Galicia

[Os Antecedentes e exposición xeral son os mesmos que no Documento 1]

SOLICITUDE

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro sobre a grave situación do arborado da Alameda de Vigo e das malas prácticas de usos e mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 (num 2024/3579978) e corroboradas no informe do Areeiro, solicitamos ao órgano competente da Xunta de Galicia:

  1. A colaboración co Concello de Vigo na elaboración dun plan integral de restauración e conservación da Alameda, que inclúa:

  • Solicitude á Estación Fitopatolóxica do Areeiro, como institución pública de referencia nesta materia, dun estudo xa exhaustivo sobre o estado do Xardín e propostas de saneamento e conservación.
  • Actuacións urxentes de mellora do solo, descompactación e aporte de materia orgánica.
  • Recomposición do deseño propio do xardín, segundo criterios recollidos na Carta de Florencia, recompoñendo a imaxe deturpada pola actuación masiva de hai unha década de transformación nunha sorte de xardín tropical, enchendo parterres de fentos arborescentes e palmitos, alleos a calquera momento da evolución deste xardín e ao seu estilo e época (atendendo á última reforma histórica, a realizada nos anos 40 pola familia xardineira Turc).
  • Reposición de árbores caídas ou talladas con exemplares da mesma especie.
  • Podas exclusivamente de saneamento e conservación, executadas por persoal cualificado.
  • Monitorización fitosanitaria periódica, con informes técnicos independentes.
  • Eliminación de todos os elementos alleos ás árbores, como cables, bandeiras e parafusos.

Agardamos unha resposta formal e inmediata da Xunta de Galicia, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

20/06/25

Remisión á Xunta de Galicia do Informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre impactos no xardín histórico da Alameda de Vigo

A Asociación enviou o 25/06/2025 á Xunta de Galicia, tres solicitudes relacionadas co estado do Xardín histórico da Alameda

Documento 1: Remisión do informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Documento 2: Solicitude dun Plan de Restauración integral da Alameda

Documento 3Solicitude de recuperación do grao de protección integral para a Alameda

Así mesmo enviou ao Concello de Vigo, escrito no mesmo sentido. Ver aquí.

DOCUMENTO 1: REMISIÓN DO INFORME DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO SOBRE O ESTADO DO XARDÍN HISTORICO DA ALAMEDA

ANTECEDENTES

1. Con data de Rexistro 23/12/2024 desa Consellería, esta Asociación presentou (num 2024/3579978) un escrito no que se recollía o impacto do chamado Cíes Market sobre o xardín histórico da Alameda/Praza de Compostela de Vigo e se solicitaba o cumprimento das obrigas legais da Xunta de Galicia verbo da protección deste ben histórico e o exercizo da potestade de autorización para este tipo de uso intensivo dun espazo catalogado. Un uso que consideramos radicalmente incompatible cos valores que dan lugar á súa catalogación. Nese escrito citábanse os impactos críticos que ao noso xuízo se estaban a producir. Ese escrito, a data de hoxe, non tivo resposta ningunha por parte desa Admistración, obviando a obriga de respostar expresamente ás peticións da cidadanía. A ese escrito nos remitimos como antecedente num 1. do presente e damos por reproducido o seu contido.

2. Constatado a grave deterioro do Xardín da Praza de Compostela/Alameda1, e ante a inacción das administracións competentes fronte a este feito, esta Asociación solicitou á Estación Fitopatolóxica do Areeiro --organismo técnico de referencia, dependente da Deputación Provincial de Pontevedra--, a realización dun estudo dalgunhas árbores na Alameda/Pza de Compostela, e nomeadamente sobre o impacto do chamado Cíes Market sobre este espazo. Petición que foi atendida e, en consecuencia, remitido o informe técnico de data 06/05/2025, que motiva este escrito e que se achega.

EXPOSICIÓN

Á vista destes antecedentes, desde a Asociación Amigas das Árbores de Vigo, dirixímonos a vostedes para trasladar o resultado do informe técnico emitido pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Deputación de Pontevedra), en resposta á nosa solicitude de avaliación do estado fitosanitario do arborado da Alameda de Vigo. Este informe, centrado só no estado dalgunhas árbores significativas que representan unha mostra significativa do estado xeral deste Ben, pon de manifesto un grave deterioro do arborado deste xardín histórico, derivado non só do impacto directo do Cíes Market implantado polo Concello e xestionado en concesión de uso do espazo público pola Agrupación de Empresarios en la Organización de Eventos, Ferias y Mercados de la Comunidad de Madrid (AMFE), senón tamén pola actuación deficiente a cargo da contrata do Concello de Vigo para o mantemento deste espazo e a inacción por parte desa administración local.

1. Conclusións do Informe Técnico do Areeiro (Ref. Exp. 2025029075)

O informe conclúe, en síntese, que o arborado da Alameda presenta un estado preocupante de deterioro, chegando a ser crítico no caso de dous grandes exemplares, debido a:

  • Compactación extrema do solo, como consecuencia, entre outras, das instalacións do Cíes Market, que impide a absorción adecuada de auga e nutrientes.

  • Danos mecánicos nas raíces e nos troncos, provocados polo paso de vehículos pesados e a instalación de casetas e estruturas temporais/permanentes como as do Cíes Market.

  • Problemas fitosanitarios graves, como a presenza de fungos patóxenos e outros axentes daniños.

  • Alteración irreversible na arquitectura das copas, resultado de podas agresivas e deficientemente executadas.

  • Perda de vitalidade xeral do arborado, con numerosas ponlas secas e debilitamento estrutural.

2. Malas prácticas de mantemento: incumprimento do contrato de Acciona.

O estado do arborado non é só consecuencia do impacto do Cíes Market, senón tamén do incumprimento reiterado do prego de condicións do contrato de mantemento de zonas verdes, adxudicado á empresa Acciona, e da falta de supervisión e control por parte do Concello de Vigo. Estas malas prácticas o impacto de actividades incompatibles coa saúde e conservación do arborado histórico, ten provocado un gravísimo deterioro especialmente nalgunhas das grandes árbores do xardín, ata o punto de que o informe da E.F. do Areeiro se indique a convenencia do apeo de dous grandes exemplares.

Entre as malas prácticas observadas destacan:

  • Podas severas e mutiladoras, que contraveñen os principios do Estándar Europeo de Poda e as obrigas do prego de condicións.
  • Uso de vehículos e maquinaria pesada no contorno do arborado.
  • Falta de control fitosanitario preventivo, sen monitorización técnica do estado dos exemplares.
  • Ausencia de medidas de conservación axeitadas, como a mellora do solo, descompactación e protección das raíces.
  • Non reposición dos exemplares caídos con árbores de igual especie e porte, desvirtuando a identidade do xardín.
  • Inacción do Concello, que permite que a contrata actúe sen control efectivo, converténdose así en actor e inductor necesario destas prácticas.

3. Un uso incompatible cos valores da Catalogación: O Cíes Market

A Alameda de Vigo é un xardín catalogado no PXOM e protexido pola normativa galega de patrimonio cultural. Porén, o seu uso como espazo para a celebración do “Cíes Market” e outras feiras é absolutamente incompatible coa conservación dos valores que motivaron a súa protección:

  • A instalación de casetas, carpas, máquinas expendedoras e outros elementos de feira provoca compactación do solo e danos nas raíces, acelerando o deterioro do arborado.

  • O paso de vehículos pesados e maquinaria durante meses (dende a data da montaxe ata a súa desmontaxe efectiva) xera compactación, vibracións e danos físicos nos exemplares.

  • A exposición a luces, megafonía e afluencia masiva de persoas perturba o ecosistema e a saúde das árbores.

SOLICITA

Á vista dos resultados do informe técnico do Areeiro e das malas prácticas de mantemento constatadas e relacionadas no noso escrito de 23/12/2025 e corroboradas no informe do Areeiro, esiximos á Xunta de Galicia:

  1. A esixencia ao Concello de Vigo por parte da Xunta de Galicia da precepetiva solicitude de autorización do uso deste espazo catalogado para a instalación do chamado Cíes Market e, á vista do contido deste escrito, e en aras á preservación deste espazo histórico e natural, a denegación da mesma por parte da Dirección xeral do Patrimonio Cultural.

  2. A paralización definitiva da celebración do “Cíes Market” na Praza de Compostela/Alameda, así como doutras feiras ou eventos que impliquen compactación e impacto sobre o solo, o arborado e avifauna, buscando, se é o caso, ubicacións alternativas en espazos non vulnerables e con capacidade de acollida suficiente.

  3. A esixencia ao Concello da execución inmediata das medidas preventivas e correctivas incluidas no informe da E.F do Areeiro citado.

  4. Que a Xunta de Galicia, como organismo competente en materia de patrimonio cultural, asuma a súa responsabilidade de supervisión e control do cumprimento da normativa de protección deste xardín histórico.

Chamada final á responsabilidade institucional

A Alameda de Vigo non é só un espazo verde, é un patrimonio vivo da cidade, un símbolo histórico e ambiental que require protección e respecto. O informe do Areeiro e as evidencias recollidas demostran que o seu estado actual é consecuencia directa dunha sostida no tempo xestión deficiente e agresiva do Concello de Vigo, do seu uso impropio como lugar de feira e inaxeitado mantemento, conservación e restauración. É consecuencia tamén do incumprimento por parte da Administración autonómica do exercicio das súas competencias superiores de supervisión, autorización e inspección.

Agardamos unha resposta formal e inmediata da Xunta de Galicia, comprometéndose a adoptar as medidas necesarias para garantir a preservación e restauración deste espazo senlleiro.

Escrito en termos semellantes, acompañado de copia orixinal do informe citado da Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Ref. Exp. 2025029075), remítese tamén, con esta mesma data, ao Concello de Vigo.

Ir a Documento 2 

Informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre os impactos no Arborado do Xardín histórico da Praza de Compostela/Alameda de Vigo. 

1. Incluído no Catálogo de elementos do Patrimonio do vixente PXOM de Vigo (protexido xa dende o chamado Plan Especial de Elementos e Conxuntos a Conservar (PEEC) do ano 1986 e nos sucesivos plans urbanísticos)--



18/06/25

Esiximos a paralización da mutilación de arborado na rúa Pizarro, en pleno xuño e en tempo de nidificación

No día de hoxe enviamos ao Concello de VIgo, o seguinte escrito: 

A Asociación Amigas das Árbores de Vigo diríxese, unha vez máis, ao Concello para expresar a súa máis firme protesta e esixir a paralización inmediata da intervención que se está a realizar sobre o arborado urbano da rúa Pizarro, consistente en podas severas e drásticas que constitúen unha nova vulneración da normativa vixente e unha agresión ecolóxica sen xustificación técnica algunha.

Denunciamos que esta actuación:

  1. Infrinxe a Ordenanza de Protección de Espazos Naturais e Zonas Verdes do Concello de Vigo, ao realizarse:

    • en época de máxima actividade vexetativa, con temperaturas extremas e plena formación da copa,

    • durante a tempada de nidificación de aves urbanas, vulnerando a normativa ambiental e o sentido común ecolóxico máis elemental.

  2. Contravén as prescricións técnicas do contrato de mantemento de zonas verdes, actualmente adxudicado á empresa ACCIONA, cuxo prego especifica claramente os criterios técnicos e temporais para a poda, que neste caso están a ser vulnerados de xeito flagrante.

  3. Viola os principios do Estándar Europeo de Poda (ETW), especialmente no relativo á conservación da estrutura natural da copa, á planificación en función da especie, idade e contorna, e á obrigatoriedade de minimizar o impacto fisiolóxico das intervencións.

  4. Atenta contra a saúde pública, ao eliminar sombras vitais nun contexto de cambio climático e ondas de calor. As copas arbóreas son elementos esenciais de confort climático urbano e redución das temperaturas e da radiación.

  5. Pode constituír unha infracción legal máis ampla, pois a reiteración destas prácticas podería dar lugar á responsabilidade do Concello por desatención sistemática das súas obrigas de control e supervisión da Contrata, así como por eventual delito ambiental ou prevaricación por omisión, segundo se determine en futuras accións legais que non descartamos impulsar.

Esta poda non é un feito illado, senón que se inscribe nunha campaña sistemática de mutilación do arborado urbano, tal como denunciamos xa formalmente no caso das rúas Marqués de Alcedo, Areal, Venezuela, Ecuador ou Teófilo Llorente. Tampouco é un erro puntual, senón unha práctica reiterada, tecnicamente inadmisible e lesiva para a cidade e o seu patrimonio verde.

EXIXIMOS:

  • paralización inmediata dos traballos na rúa Pizarro.

  • apertura dun expediente informativo urxente que determine as responsabilidades desta nova actuación ilegal.

  • comparecencia do servizo municipal correspondente, explicando os criterios técnicos (se os houbo) que avalan esta intervención.

  • depuración de responsabilidades, tanto na empresa concesionaria como nos servizos técnicos municipais que permiten ou avalan esta barbarie.

  • revisión integral do modelo de xestión do arborado urbano en Vigo, co acompañamento de persoal experto e con participación cidadá efectiva.