A morte e descatalogación dunha faia centenaria en Castrelos alerta sobre o risco real das árbores senlleiras catalogadas no xardín histórico da Alameda da Praza de Compostela de Vigo.
![]() |
Foto Atlántico Diario |
A situación da Alameda da Praza de Compostela é outro exemplo preocupante. A pesar de tratarse dun xardín histórico protexido, cunha alineación de árbores monumentais, o seu mantemento evidencia prácticas neglixentes que están a afectar directamente a súa saúde e conservación. Así o constata o recente informe técnico emitido pola Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Deputación de Pontevedra, que analizaba o impacto da instalación do "Cíes Market" e outras prácticas agresivas sobre os exemplares da Alameda.
Este informe, xa remitido á Xunta de Galicia e ao Concello de Vigo, recolle a existencia de danos estruturais en raíces e base de tronco, cortes de pólas de gran calibre sen criterio técnico, compactación de substrato e uso de materiais inapropiados, entre outros problemas. Estes datos son de especial gravidade ao tratarse dunha zona sometida a réxime de protección patrimonial, e con árbores que forman parte do Catálogo galego de árbores senlleiras.
A nosa asociación esixe que se poñan en marcha actuacións urxentes para garantir a conservación efectiva destes exemplares, cunha planificación de mantemento profesional, con técnicos cualificados e conforme ás boas prácticas internacionais, como as recollidas no Estándar Europeo de Poda.
O caso da faia de Castrelos, ao igual que os exemplares da Alameda, debería ser un punto de inflexión. A cidadanía ten dereito a espazos verdes ben conservados, vivos, seguros e sans. Non podemos continuar ignorando os sinais que o noso patrimonio vexetal está a enviar.
FONTES:
Remisión á Xunta de Galicia e ao Concello de Vigo do informe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro sobre impactos no Xardín histórico da Alameda de Vigo: https://amigasdasarboresvigo.blogspot.com/2025/06/informe-da-estacion-fitopatoloxica-do.html
"Muerte de un árbol que había que proteger”: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2025/07/18/muerte-arbol-habia-proteger/0003_202507V18C1991.htm
“Castrelos pierde un árbol “senlleiro” y mantiene tres especies”: https://www.atlantico.net/vigo/castrelos-pierde-arbol-senlleiro-mantiene_1_20250717-3921391.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Interésanos moito a túa opinión