Amigas das Árbores solicitamos ao Concello de Vigo e á Estación Fitopatolóxica do Areeiro un informe sobre as causas da caída do Pittosporum undulatum monumental na Alameda.
A Asociación Amigas das Árbores alerta sobre o impacto das actividades masivas na Alameda
de Vigo, como a feira Cíes Market, e esixe unha investigación técnica que determine as causas
da caída onte dunha das árbores emblemáticas do xardín histórico.
Unha perda significativa para o patrimonio natural de Vigo
O recente colapso dun Pittosporum undulatum monumental no xardín histórico da Alameda de
Vigo, durante a borrasca Herminia, representa unha grave perda para o patrimonio natural e
cultural da cidade. Este exemplar, parte esencial dun espazo catalogado polo seu valor
histórico, sufriu unha caída que podería ter causas máis aló das condicións meteorolóxicas
extremas.
Tal e como ten xa denunciado, a Asociación Amigas das Árbores considera que o impacto
acumulado das actividades realizadas na Alameda, especialmente a instalación anual do Cíes
Market, podería ser un factor coadxuvante. A compactación do solo pola circulación de
maquinaria pesada e a alta afluencia de persoas, así como a presión sobre as raíces e a perda
doutros exemplares próximos, poderían ter contribuído a debilitar a estabilidade da árbore.
Unha chamada á responsabilidade institucional
Amigas das Árbores presentou un escrito formal ao Concello de Vigo solicitando:
- Un informe técnico completo sobre as causas da caída: avaliando o estado do solo, as raíces do exemplar e o impacto das actividades realizadas na Alameda.
- Consulta á Estación Fitopatolóxica do Areeiro: para obter unha análise independente e experta que identifique todos os factores que contribuíron á caída do Pittosporum monumental.
- Medidas preventivas: realizar avaliacións urxentes do estado doutras árbores da Alameda e revisar o uso do xardín histórico como espazo para eventos masivos que poidan poñer en risco o seu patrimonio natural.
volvan ocorrer casos similares. A Alameda é un espazo protexido que merece ser tratado con
coidado e respecto, afastándoo de actividades incompatibles cos seus valores culturais e
naturais."
Impacto das actividades na Alameda
Amigas das Árbores denuncia que actividades como o Cíes Market, que ocupa a Alameda
durante catro meses ao ano, están xerando un impacto acumulado que pon en perigo a súa
integridade. Entre os efectos identificados pola Asociación, destacan:
- Compactación do solo, dificultando a absorción de auga e nutrientes polas raíces.
- Afectación á estabilidade e saúde das raíces estruturais e de ancoraxe.
- Perda e deterioro de masa arborada e desintegración da rede radicular subterránea, que ofrece protección mutua entre as árbores.
A caída do Pittosporum monumental debe ser un punto de inflexión para repensar a xestión do xardín
histórico da Alameda. A Asociación fai un chamamento ao Concello e á cidadanía para que se
adopten medidas urxentes de preservación e se reavalié o uso do espazo para eventos que
poidan comprometer o seu futuro.
Documentación adicional:
• Denuncia anterior de Amigas das Árbores sobre o impacto do Cíes Market na conservación da
Alameda
• Escrito á Dirección xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia para que exerza as dúas
competencias de protección do Xardín Histórico da Alameda de Vigo