![]() |
Petra Porter presentou o acto |
O 12 de decembro de 2024, a Asociación Amigas das Árbores de Vigo celebramos o noso acto de presentación pública "oficial" na rúa María Berdiales, simbolicamente rebautizada como "María BerdeEs". Este lugar foi elixido pola súa carga histórica, xa que en 2018 a veciñanza conseguiu deter a tala das últimas árbores que quedaron neste tramo de rúa, despois de que o Concello eliminara, en obras de "humanización", todas as que conformaban a preciosa cúpula vexetal nesta rúa, converténdose nun símbolo de loita colectiva en defensa do patrimonio natural urbano.
O evento, que comezou ás 19:30 horas, contou coa presenza dunhas duascentas persoas comprometidas coa conservación do medio ambiente en Vigo. A artista Petra Porter foi a encargada de conducir o acto. Tras unhas palabras de agradecemento, benvida e de reivindicación dunha cidade verde e viva, explicou o porqué da elección deste lugar para a nosa presentación dando paso logo á lectura do manifesto fundacional por parte do líder de Siniestro Total e veciño da Gran Vía, Julián Hernández.
![]() |
Julián Hernández |
A continuación, entregáronse as distincións Viguesas Distintas á veciñanza de María Berdiales e ao alumnado da Falperra do Colexio Chans-Bembrive, en recoñecemento ás súas accións en defensa do arborado urbano, especialmente pola súa implicación na conservación das árbores de Romil.
![]() |
Din Matamoro, diríxese ás asistentes en nome da veciñanza de María Berdiales |
![]() |
Su Garrido cantando a capela |
O acto continuou coa descuberta simbólica dunha placa que renomea a rúa como "María BerdeEs", en homenaxe á resistencia cidadá e ao compromiso coa natureza urbana. Este xesto representa a vontade de transformar Vigo nunha cidade máis verde e sostible, onde as árbores sexan valoradas e protexidas.
Rematamos coa lectura dun texto da nosa compañeira Raquel e co precioso tema de Su Garrido que, despois dunhas sentidas palabras en defensa da natureza e contra as agresións que está a sufrir o arborado en Vigo, cantou a capela con forza e pasión "A horta do Berbés".
A Asociación Amigas das Árbores de Vigo nace co obxectivo de defender e promover o coidado do arborado e da biodiversidade urbana, denunciando as agresións ao patrimonio natural e fomentando a implicación cidadá na súa conservación. O noso Manifesto fundacional está dispoñible en liña para quen desexe unirse a esta causa.
A prensa local fíxose eco do evento. La Voz de Galicia publicou unha nova destacando os detalles do acto e os obxectivos da asociación.
Pola súa banda, Atlántico Diario informou sobre a creación da asociación e a súa misión de coidar o "pulmón verde" de Vigo.
O dixital de A Movida colgou tamén en Instagram un completo fío con videos e imaxes do acto.
No min 2h15m deste programa da radio galega, poderás escoitar a entrevista que realizaron á nosa amiga Laura.

A presentación de Amigas das Árbores de Vigo marca o inicio dunha nova etapa na defensa activa do patrimonio natural da cidade, convidando a toda a cidadanía a participar e colaborar na protección das árbores e espazos verdes e na loita contra os que tallan e mutilan estes seres indispensables para a saúde e a vida.
![]() |
María, Raquel, Teresa, Bea, Rafa e Laura, responsables da produción do acto |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Interésanos moito a túa opinión